Como facer un timelapse coa raspberry

Facer un timelapse coa raspberry é moi sinxelo, no meu caso o que fixen foi:

  • Crear un ficheiro bash para xenerar as imaxenes con nome a data e hora do momento de sacala. Ademáis hai algúns parámetros de tamaño da imaxen e calidade.

    #!/bin/bash
    FECHA=$(date +%Y-%m-%d_%H:%M:%S)
    raspistill -vf -w 640 -h 480 -q 80 -o /home/pi/public/images/”$FECHA”_foto.jpg

  • Logo definin un cron que se executa cada minuto, que chama ao bash feito no paso anterior.

    crontat -e

    engadimos a seguinte linea

    */1 * * * * /home/pi/crons/image.sh

  • O seguinte paso é copiar as imaxes nun directorio e xenerar o video. Primeiro creamos un ficheiro coas imaxenes a procesasr e despois as procesamos con mencoder.

    ls *.jpg > list.txt

    mencoder -nosound -ovc lavc -lavcopts vcodec=mpeg4:aspect=16/9:vbitrate=8000000 -vf scale=640:480 -o timelapse.avi -mf type=jpeg:fps=24 mf://@list.txt

  • Xa teriamos no noso directorio o video xenerado co nome timelapse.avi

Se lle quixeramos poñer son ao video  poderiamos procesalo tamen dende a liña de comandos con mencoder.

mencoder -ovc copy -audiofile musica_timelapse.mp3 -oac copy timelapse.avi -o output.avi

Actualización:

Outra forma de facer a captura cada x tempo é empregando o comando raspistill cos seguintes parámetros:

  • – o nome do ficheiro onde lle indicamos que a secuencia vai ser de 4 díxitos con  %04
  • -t tempo de captura en milisegundos
  • -tl  tempo de separación entre cada foto en milisegundos
  • -vf para xirar a foto no sentido vertical
    • -hf para xirar a foto no sentido horizontal

 

 raspistill -o  timelapse2%04d.jpg -t 5400000 -tl 3000 -vf -hf

Abril 2, 2015

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.