Non é unha inocentada

ahora oeso moito “.com” que significa?
non volvas atrás?

Pois isto foi o que escoitou un amigo meu hoxe da boca do seu avó.

Faime gracia que falamos da Galiza do Século XXI, unha sociedade moderna e do coñecemento, como lle explicarían a este avó o que é internet, a firma dixital, a LOPD, a teleadministración,… non teño moitas gañas de escribir pero van estas preguntas:

  • Que entende a xente por fenda dixital?
    Para min non so é a falta de equipamentos e infraestruturas e tamén explicarlle correctamente a xente a utilidade desas infraestruturas.
  • Cando se aplica un proxecto piloto de novas tecnoloxías (aestradadixital), so se ven as infraestruturas pero non se realiza un estudo de como afectou na sociedade. Para cando a estradadixital fai un estudo deste tipo?
  • Porque non chegan as novas tecnoloxías ao rural? Axudarían a evitar o éxodo do rural?

Existe unha fenda dixital que separa ó mundo rural, e pechala non só é un problema de tecnoloxía e de proporcionar máis computadores, radios e teléfonos móviles. Tratar de facer máis accesíbel a información é unha cuestión política e require vontade política, educación e fondos

Decembro 26, 2009

Etiquetas: , , ,
  • Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.