Resumo do Forum Gastronómico 2009 – Girona

Despois duns días de inactividade no blog, debido ao axetreo na vida cotía. Retomo o blog no punto que o deixara, o Forum Gastronómico 2009.

O encontro de blogues foi moi interesante, seguiuse a liña marcada fai un ano en Santiago. ¿Que cambiou neste ano? Según Manuel Gago, o número de blogs este ano mantivose. Este ano é o primeiro que esta cifra deixa de medrar, posiblemente sexa debido a aparición de apliacións de redes socias (Facebook, tuenti, ….). Outro cambio salientabel é que os usuarios demandan máis recetas, neste ano incrementouse o número de entradas deste tipo nun 30%.

Os motivos dos éxitos dos blogues gastronómicos seguen sendo os mesmos:

  • Independencia na información.
  • Gastronomía de proximidade.
  • Actualización de prezos, mais frecuente que as guías gastronómicas tradicionais.

[singlepic id=191 w=320 h=240 float=center]

O relatario sobre a fotografía na cociña, foi moi interesante. A evolución que seguiron dende paisaxes do exterior ata facer fotos só no interior.  É incríbel o que se pode conseguir so con estos elementos:  uns focos, un espello, unhas cartolinas, un par de cristais e un líquido e metacrilato.  Mágoa que non teño fotos desta exposición, e que estaba todo concentrado no que alí me contaban.

Realmente quedei sorprendido co “stand” da Xunta de Galiza,  vinme para a terra dicindo que ben vendemos os nosos productos. Ali ofrecianse degustacións do máis alto nivel aos visitantes e tamén se lles contaba como era os nosos mares e a excelencia dos productos.  Nunca esquecerei a cara engaiolante dos asistentes, era como lles estiveras amosando algo idílico, pero cando o comían as degustacións faciase real. Algunhas das preguntas que me sorprenderon foron:

  • Como se coce o marisco ? Para mín pareciame bastante trivial e creo que para calqueira galego, se o marisco está vivo en auga fria senon en auga quente.
  • Queda algo do prestige nas costas? Realmente pareceume que sería unha pregunta complexa de responder, pero soubo explicar bastante ben a situacion o responsable da cofradía de Cangas.

Tamén ali coñecin mais en profundidade lonxanet, unha plataforma web que comercializa con pescados e mariscos de calidade suprema. Unha das vantaxes que ofrece é que elimina a cadéa de intermediarios, para elo merca directamente na lonxa. Os pedidos son servidos en menos de 24 horas na túa casa. Gustariame salientar que lonxanet é unha fundación que destina o 50% dos beneficios a actividades sociais, algúns exemplos son:

  • A Creación de reservas naturais.
  • Axudas e facilidades as familias de mariñeiros.

Noutra entrada adicareille a Volandeira, que probei por primeira vez no Forum.

[singlepic id=188 w=320 h=240 float=center]

Tedes unha entrevista de Pep Palau, director da feira a sies.tv, sobre a súa valoración da feira e no contexto actual de crise.

Solamente me quedei co sabor amargo de non poder asistir ao taller ForumVino: Degustación de chocolates e viños de Malvasia por Josep M. Ribé (Aula Chocovic) e Enric Bartra (enólogo). Para este taller voaron as entradas a fume de carazo, agora hai que esperar ao Forum 2010 en Santiago

¿Cando Foi a última vez que sentiches Bolboretas no estómago?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.