E despois do 19N?

A miña valoración da folga informática do 19N en Coruña é de que foi un éxito rotundo en implicación e participación. Pero esta será a última? Ogalla fora, pero teremos que seguir en loita ata que se nos recoñezan os nosos dereitos. Xa esperamos 15 anos e non imos esperar mais, combateremos por eles ata que teñamos as nosas atribucións e senos trate como enxeñeiros de primeira.

Para que serviu esta manifestación? Primeirante como medidor da implicación do sector que claramente é alta, fumos máis de 3000. Para que os medios foran coñecendo a nosa situación ainda que fose de forma tenue, xa que non tivo a repercursión que debería ter. Ainda así no contorna nosa local ofrezeronselle varias entrevistas as representantes de estudantes e unha ao decano da FIC (Alberto Valderruten), onde dí claramente:

“Llevamos más de veinte años pidiendo a los sucesivos gobiernos que regulen nuestras competencias profesionales, pero todavía no les ha dado la gana de hacerlo”

Espero que sexa unha errata da xornalista, e non do Decano. Son atribucións e non competencias polo que loitamos.

Hoxe catro reitores (USC, UPV, UNICAN, UMA ) presentarán un manifesto e reclamarán ao ministerio que axilice o trámite da nosa regulación.

Seguimos en loita!!! recordo un dos mellores berros do 19N:

Se isto non se amaña
CAÑA CAÑA CAÑA

Se isto non se arregla
GUERRA GUERRA GUERRA

Na proxima visita
TRAEREMOS DINAMITA

Na proxima ocasion
TRAEREMOS UN CAÑON!!!!!!!!!

Fotos do 19N: www.comitesfic.org

  • Eu non recordo que dixera iso, pero recordoche o seguinte, dun post anterior:

    Hai que ter en conta que “competencias” non é o mesmo que “atribucións”. As competencias son “aquilo que se sabe facer”, mentres que as atribuciones son “aquilo que a Lei che faculta para facer”.

  • Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.