Apaga Tele5

A canle de televisión Telecinco adheriuse hoxe ao ‘Manifesto pola lingua común’, que o pasado 23 de Xuño presentou un grupo de intelectuais en Madrid.

A canle comparte as exixencias deste grupo de intelectuais, entre os que se encontran Mario Vargas Llosa, Fernando Savater ou Álvaro Pombo, que piden ao parlamento español que elabore unha normativa para fixar que o castelán sexa a lingua oficial de todo o territorio e a única ‘que poida ser utilizada polos seus cidadáns’.

Telecinco é a primeira televisión que se adheriu a este manifesto. Ademais, Telecinco dixo no informativo do mediodía, que pon a disposición do colectivo que leva esta iniciativa, a súa canle de televisión para dar apoio a este proxecto.

Se eles se adhiren ao manifesto, nós desconectamos Telecinco.

Xuntos podemos!

Pásao Pásao Pásao Pásao Pásao Pásao Pásao Pásao

Apaga Tele5

Xullo 29, 2008

Etiquetas: , , ,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.