Código fonte con sexo

Emma McGrattan, vicepresidenta de tecnoloxía da empresa Ingres e unha das programadoras de mais alto rango en Silicon Valley insiste en que os homes e as mulleres escriben código de forma moi diferente. As mulleres teñen máis consideración con aqueles que usasen o código máis tarde. Adoitan intercalar entre o seu código cadeas completas de instrucións e comentarios, para explicar porqué escribiuse determinada linea e que camiño utilizaron para elo.

O código convértese nunha especie de “guía” para outros que talvez queiran modificar ou engadir algo, segundo McGrattan, que leva en Ingres desde 1992.
Os homes pola contra non teñen tanta delicadeza. A miúdo “tratan de demostrar a súa intelixencia escribindo un código moi críptico“, segundo conta no blog de Bussiness Technology. “Eles tratan de ofuscar as cousas no código“, e non deixan instrucións claras para aquelas persoas que teñen que usalo despois. McGrattan se jacta de que o 70-80 por cento das veces pode distinguir, vendo un fragmento de código, se foi escrito por un home ou unha muller.
Nun esforzo por facer o código informático de Ingres máis fácil de utilizar, ela axudou a instaurar novas normas de codificación na empresa. Esixen incluír aos programadores un conxunto detallado de comentarios antes de cada bloque de código para explicar que función cumpre ese fragmento e por que. Os desarrolladores tamén deben presentar unha lista detallada dos cambios efectuados que se levaron a cabo no código. As normas aplícanse tanto aos empregados de Ingres como aos membros da comunidade open source que contribúen no código dalgúns dos seus produtos.
En Ingres ao redor dun 20 por cento dos enxeñeiros son mulleres, di McGrattan. A maioría das cales están en postos que implican unha garantía de calidade ou a adaptación do produto a unha nova localización. O traballo pesado de escribir código déixanllo a eles.
Ao meu parecer os razonamentos son bastante sexistas porque:
  • Nin todas as mulleres usan un código amigable, nin todos os homes saben  programar en modo críptico.
  • Alguén se parou a ver o código de google.com ? Se o mirades iso si que é críptico está todo en 4 liñas.
  • Glazdero segun esta tipa, non eres home ?? xDDD

Fonte: BusinessTechnology

Xullo 11, 2008

Etiquetas: , , , , , ,
  • Seguindo o teu esquema, os razoamentos deste tipo son “moi” sexistas porque:
    – Non tódolos homes programamos dun xeito moi críptico (Belay, ti si) e a maioría de programas de mulleres que teño visto están sen unha soa liña de comentarios e dun xeito que penso que nin elas entenden.
    – Non me parei a ve-lo código de Google, xa me chegou con desencripta-la túa 3ª práctica de Numérica (é broma, que se non chega ser por ti non a entrego nin de coña).
    – E lo por que queres saber esas cousas?? Non será que o es ti?? ;-] Que pensades vós sobre isto?? PARTICIPADE!!

  • mmm esto es como lo de los coches!, que siempre se dice que los hombres son mas violentos e impulsivos escribiendo y las mujeres mas cuidadosas.

    Al final hay de todo por ahi y depende de muchas mas cosas que del sexo.

    PD: cuando lei ” codigo fonte con sexo” ya creia que iba a ser alguna warrada jajaj xD

  • Ou Belayciño!!! O do código asexual non será por min…? Porque eu da túa práctica só copiei a idea de como face-los Newtons e o Spline, que eu de Numérica non teño nin idea e non sabía por onde collelo. É máis, cando entendín como ía o rollo (seguindo os pasos do programa, porque polos apuntes da tipa…), fixen os programas como eu cría que ían ser máis eficientes. Ó final, cando rematei (eu só, por certo) comparei as dúas prácticas e non se parecían en case nada. Se queres envíoche a práctica e compróbalo ti mesmo. Así que iso de que “non se molesta en nada” tampouco é así, porque tiven que facer eu só prácticamente tódalas prácticas de Numérica e ademáis tiña 4 materias máis coas súas prácticas respectivas. Tamén pode ser que non recorde-las prácticas que che pasei eu… O compañeirismo trátase diso, de botarlle unha man a un compañeiro cando este está apurado e non ve como facer algo. Non sei se a túa intención era botarmo en cara (se non era así, pois perdoa polo tocho, se si, pois penso que co anterior xa queda respostado) e xa sei que eu non son para nada un estudiante exemplar, pero é moi raro o caso no que un compañeiro meu puidese quedar descontento co meu traballo (Gladzero pode que sexa o único e comprendería que con razón). Volvo repetir que non sei se era esa a túa intención (tal como está escrita a resposta, da a entender que si), pero se si o era…, que queres que che diga, pois que me parecería a resposta dun rapaciño de 2º de Primaria. Bo verán e perdón polo tocho outra vez.

  • A señor Four Eyes non sexas tan mal pensado, eu de que falaba é da xente que non penga pancada. Por exemplo o típico compañeiro de prácticas que non fai nada. Que non se molesta nin en preguntar os compañeiros como fixeron as cousas nin nada, é decir un “vago” con maiúsculas.

    Por iso digo que o código que eles realizan é asexual porque nin miran para el nin se molestan en el nin nada.

    Creo que ambos coñecemos casos deste tipo de personas.

    Por exemplo: Aguakeño, ovago, ….

  • Por certo non te ralles tanto se che paso a prc de numérica é porque quero e punto. Se ma copias a min tanto me tiña que a miña xa estaba defendida e as miñas prácticas de numérica andiveron por bastantes mans non so as tiñas ti.

    Eu non son nada reservado coas prácticas para os compañeiros, para os vagonetas con maísculas si. (Ti non estas nese grupo).

    Corramos un estúpido velo. Non pensei que o do código asexula fora dar tanto de si, mais ben era unha chorrada miña. xDD

  • Canto código dese hai moi ben explicado e ao final di nos comentarios que fai A e logo fai algo totalmente diferente.

    Eu prefiro algo criptico antes que algo me levo a erros.

  • É que ti tamén puxéchelo dun xeito que semellaba que ía por min. En fin, todo arranxado. Respecto ó tema do post, o certo é que eu prefiro algo comentado e que non me leve a erros, sexa críptico ou non (vaia, un híbrido dos dous).

  • Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.