Linus Torvalds candidato ó “Principe de Asturias”

Foto de Linux Torvalds

Entérome vía GLUG de que Linus Benedict Torvalds autor inicial e cabeza do desenrrolo do kernel do sitema operante GNU/Linux, foi proposto como candidato ó Principe de Asturias de Investigación Científica e Técnica 2008.

Nese senso Torvalds terá que competir ó menos con 42 persoas ou organizacións, entre os cales está o científico británico James Lovelock, que lanzou a “teoría Gaia” que establece que a Terra funciona coma un organismo vivo, que tamén foron propostas para a XXVIII edición dos prestixiosos premios, un dos económicamente mellor dotados do mundo.

Un xurado está composto principalmente por científicos ós que se unen catedráticos, políticos e directivos (esperemos que non de M$) da industria decidirá o gañador cuxos premios serán entregados en outubro.

Xuño 3, 2008

Etiquetas: , , , ,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.