Software Libre na nosa lingua

O vindeiro sábado 31, ás 20 horas, na Aula Multimedia da Biblioteca Municipal, Galiza Nova organiza un acto baixo o título “Software Libre na nosa lingua” e no que contarán coa intervención de Suso Baleato, Coordinador de Mancomún, Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza, un proxecto impulsado pola Consellaría de Innovación e Industria.

Neste acto Suso Baleato explicará en que consiste o Software libre, así como as súas vantaxes a respecto do software privativo, en especial no que atinxe ás lingua minorizadas como a nosa.

O Software Libre, en contra do que moitos poidan pensar non está morto, e de feito dia tras dia facemos uso de ese tipo de aplicacións independentemente da plataforma na que nos movamos: xa sexa redactando un documento ou folla de cálculo con OpenOffice ou navigando pola rede con Firefox, por amosar algúns exemplos.

Todas estás ampliacións libres danos a liberdade de poder adaptarlas para poñelas ao noso gusto, entre elas está o da I18N (Internalización) . A internacionalización é un proceso polo cal se deseña o software para que poida adaptarse a diferentes idiomas e rexións sen necesidade de cambios bruscos / grandes no código.

¿Porque no software libre é máis sinxelo?
Eu basicamente o resumiría en que o SL (Software Libre) non che pon ningún tipo de traba a hora de ter os teus programas en galego mentras o Software Privativo de ante man non cho permite.

Referencia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.