Borracho de sono numérico

Despois de levar dous días vivindo para C.N. ( Computación Numéria), unha asignatura de matemáticas que temos na carreira (ETIX). Relato os efectos que tivo sobre o meu corpo en 48 horas:

  • Rematar a práctica 2 as 7:30 unha hora antes da presentación da mesma.
  • Por conseguinte facer unha defensa da mesma pobre e cunha cara de durmidos.
  • A papeleira chea de papeles con ideas que ao final non serviron para nada, e tamen uns cantos zumos e red bull’s de David.
  • Dumir 8 horas en 48 horas.
  • Dous Tes.
  • 1 Litro de Cafe.
  • 1 Tirón na perna
  • “Joderme” a super ponte desta semana porque vou ter que estar durmindo un día e medio para recuperame.
  • Deixarme traballo no google reader, algo máis de 700 novas por ler e 30 correos electrónicos que ler e contestar.

E o peor de todo que agora lendo no reader atopome con:

La Matemática es la llave de oro que abre todas las ciencias.
Víctor Duruy

Este tipo non sufriu unha noite de CN, senon nin abria a boca nin os ollos. Non sei que farei na ponte aparte de dumir e ter pesadelos numéricos xDD.

Abril 30, 2008

Etiquetas: , , , , , ,
  • Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.