Granxas en edificios

Están empezando a desenvolver nas Vegas (que non é nas  veigas :D), Nevada as primeiras granxas verticais. Un proxecto de 200 millóns de dólares que pretende crear un edificio de 30 pisos que conteña froitas e vexetais.

Cada piso terá controlado o ambiente, de acordo ao que produzan (espero o aire sexa filtrado)

Ademais dos ingresos anuais polos produtos calculan que pode haber uns 15 millóns de ingresos por turismo. Este edificio producirá alimentos suficientes para alimentar a 72 mil persoas cada ano.

Paréceme que ademais ten de positivo este proxecto o aforro de auga, ademais que permite a cidades superpobladas ter acceso a alimentos frescos.

E a diferenza do proxecto de galiñeiros verticais que menos mal que non se deu porque o que traería serían enfermidades, algo asi, planificado e manexado por xente experta na área debería funcionar.

Aínda que espero que o desenvolvemento destas granxas non elimine os espazos actuais para seméntaa. Aínda cando me parece unha solución para algunhas cidades sen espazo? polos momentos prefiro tomates sementados en granxas tradicionais.

Xaneiro 24, 2008

Etiquetas: ,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.