Agulla frita con gazpacho de verduras de tempada

Ingredientes:

  • Agulla
  • Patacas
  • Aceite
  • Vinagre de mazá
  • Fariña
  • Tomate
  • Calabacín
  • Cogombro
  • Allo

Ferramentas:

  • Mandolina para cortar coa forma de grellado
  • Tixola con aceite para freir patacas e o peixe
  • Batidora para mesturar e triturar o gazpacho.

Elaboración:

  1. Preperamos o gazpacho para elo trituramos o pemento, cogombro, tomate, calabacín e allo. Tamén lle incorporamos un chorro de aceite e vinagre . Cando este unha mestura homoxénea gárdase na neveira para servir frío.
  2. Pelamos as patacas e as cortamos coa mandolina en forma de grella. Logo imos fritindo en tandas para evitar que se peguen entre elas.
  3. Enfariñase as agullas e aseguramonos de que non quede excesos sacudindo lixeiramente. Logo coa freidora quente imos frixindo e reservando nunha fonte con papel absorbente.
  4. Emplantar e comer 😉
Xullo 24, 2020

Etiquetas: , ,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.